Tuesday 30 de April de 2024

O cardiólogo Fernández Obanza fala este mércores en Fene sobre a saúde do corazón na menopausia


As matronas de Fene, Ares e Mugardos organizan para este mércores, 14 de marzo, ás 16 horas, unha charla sobre a saúde do corazón na menopausia. A conferencia terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene) e correrá a cargo do cardiólogo Fernández Obanza. Entrada libre.